Antas de Ulla organiza reunións informativas nas parroquias sobre o Plan Básico Municipal
- Laura Moure

- 16 mar
- 2 min de lectura
Laura Moure/Antas de Ulla
O Concello de Antas de Ulla levará a cabo nos vindeiros días unha serie de reunións informativas nas parroquias e no casco urbano para explicar á veciñanza o Plan Básico Municipal que está a tramitar a Xunta de Galicia.

Durante estes encontros, a alcaldesa, Pilar García Porto, informará de maneira clara sobre en que consiste este plan urbanístico, cales son os seus obxectivos e de que forma pode afectar ás vivendas, ás fincas e ao desenvolvemento futuro do municipio. Ademais, as reunións servirán para resolver dúbidas da veciñanza e para facilitar a presentación de consultas ou alegacións ao documento.
Publicidade
O Concello anima á participación cidadá neste proceso, destacando a importancia de que as veciñas e veciños coñezan o contido do plan e poidan expresar as súas opinións e inquedanzas.
Toda a documentación sobre o Plan Básico Municipal pode consultarse na páxina web municipal.
Calendario de reunións
22 de marzo de 2026 – Antas de Ulla, ás 16:00 horas, na Casa da Cultura
27 de marzo de 2026 – Olveda, ás 16:00 horas, na Casa Escola
28 de marzo de 2026 – Santa Mariña, ás 12:00 horas, na Igrexa
28 de marzo de 2026 – Areas, ás 16:00 horas, na Igrexa
29 de marzo de 2026 – Dorra, ás 16:00 horas, no Local Social
5 de abril de 2026 – Casa de Naia, ás 12:00 horas, no Teleclube
5 de abril de 2026 – Antas de Ulla, ás 16:00 horas, na Casa da Cultura
PUBLICIDADE
As persoas que desexen recibir atención individualizada tamén poden solicitar cita previa na oficina municipal.








Comentarios