top of page

Antas de Ulla inaugura as obras da Casa da Cultura tras unha reforma integral

A Deputación investiu máis de 100.000 € nun proxecto cofinanciado polo propio Concello e o Ministerio de Mobilidade e Axenda Urbana que contou cun orzamento de 1M€


Laura Moure/Antas de Ulla

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a alcaldesa de Antas de Ulla e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, inauguraron este domingo as obras da Casa da Cultura do municipio ullán tras unha reforma integral que contou cun orzamento conxunto de máis de 1M€. A institución provincial investiu máis de 100.000 euros neste proxecto que estivo cofinanciado polo Concello, con máis de 150.000 euros de fondos propios, e o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, con outros 816.000 euros.

A Banda de Antas amenizou a inauguración. Autor: Ecos da Comarca.

No acto, que tivo lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura, participou tamén o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, concelleiros e concelleiras do municipio, representantes de diferentes entidades culturais e varias decenas de veciños e veciñas.

“A reforma integral que tivo lugar nestas instalacións para conseguir un espazo renovado, moderno, á altura das necesidades do concello foi posible grazas á Alcaldesa, a súa dedicación e ao seu esforzo”, destacou o mandatario provincial. Explicou Tomé Roca que García Porto “ten demostrado unha enorme capacidade de xestión e unha visión clara do futuro que quere para Antas” e sinalou que a Casa da Cultura é “un moi bo exemplo do que se pode lograr cando existe un compromiso real co benestar da veciñanza e cando traballamos xuntos, con lealdade institucional”.


Destacou o presidente o compromiso que a Deputación “ten con este concello e cos outros 66 que conforman a provincia. Sabedes, porque sempre o digo, que a cooperación cos concellos é unha cuestión fundamental para nós que vertebra toda a nosa acción de Goberno”. Contar cun espazo con capacidade e condicións para acoller actividades culturais, educativas e de lecer é algo “fundamental para calquera concello, pero máis para os máis pequenos, porque contribúe a fortalecer os lazos da comunidade, promovendo o diálogo, a aprendizaxe e a cultura en todas as súas formas”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Valorou tamén que “o rural está cheo de oportunidades e talento; o único que necesita son servizos públicos de calidade, coma este, para que a xente non teña que marchar” e engadiu que “o noso deber, desde as institucións, é crear as condicións para que todo ese potencial poida florecer”. Nese sentido insistiu tamén en que “os recursos son limitados”, “pero con vontade política, traballo en equipo e colaboración entre institucións, estamos demostrando que se pode avanzar”.


Xunto ao Parque Central de Galicia que a Deputación de Lugo está a construír no lugar de Nugallás, na parroquia de San Fiz de Amarante, para poñer en valor o centro xeográfico de Galicia, a Casa da Cultura de Antas “é un reflexo dese avance”.


ECOS DA COMARCA estivemos alí. Nos vindeiros días publicaremos VÍDEO.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page