Laura Moure/Antas de Ulla
A Casa da Cultura de Antas de Ulla acolleu este sábado o acto de entrega de Premios do Certame de Poesía Infantil de Nadal convocado pola Biblioteca Antas Antas Ulla. No acto de entrega dos galardóns participaron o alcalde de Antas de Ulla, Javier Varela, dúas das persoas que integraron o xurado, Ana Vila e Vanesa Ferreiro, e a responsable da Biblioteca Pública Municipal, Teresa Batán.
Entre os agasallos que recibiron todos os nenos e nenas presentes, un paquete con doces da Ulloa, que a empresa cedeu para a ocasión. Tamén tivo lugar espectáculo de Mere Clown A verdadeira historia de Hamelín, que gustou a nenos e maiores.
Os premiados son:
CATEGORIA A
-Alessia Rodríguez Amor
-Saúl Yagüe Blanco
-Irea Magdaleno Vilariño
Accésit:
-Julia Medela Vázquez
-Jordi Areán Esponella
CATEGORIA B
-Xiana Vázquez Guerreiro
-Pablo Coucheiro Rodríguez
-Daniela Pedrosa Martínez
Accésit:
-Manuel Coucheiro Rodríguez
-Mateo Alba Mosquera
CATEGORIA C
-Hugo Santiso Castro
-Ángela García García
-Adriana Vázquez Louzao
Accésit:
-Hugo Conde López
"Grazas a todos e todas por vir e por participar no certame e desexámoslles moitos parabéns!", sinala o Concello de Antas. E ECOS DA COMARCA sumámonos tamén a ese parabéns!!
NOTICIAS RELACIONADAS:
Comments