top of page

Antas de Ulla concede en apenas 24 horas a licenza de actividade da nova residencia de maiores

 Este é un paso decisivo para que o centro poida abrir moi pronto as súas portas e recuperar un servizo fundamental para o municipio


Laura Moure/Antas de Ulla

O Concello de Antas de Ulla concedeu en apenas 24 horas a licenza de actividade da nova residencia de maiores, un paso decisivo para que o centro poida abrir moi pronto as súas portas e recuperar un servizo fundamental para o municipio, tal e como informou onte o Concello. "Despois de máis de tres anos de espera, esta decisión permitirá que as persoas maiores de Antas de Ulla poidan volver estar preto das súas familias, da súa terra e da súa comunidade", sinala.

Durante este tempo, as persoas usuarias tiveron que ser trasladadas provisionalmente a un piso en Monterroso e tamén a outras residencias da contorna mentres se executaban as obras das novas instalacións. "O que inicialmente estaba previsto como unha solución temporal acabou prolongándose durante tres anos. Por iso, en canto a Xunta de Galicia presentou toda a documentación necesaria para a licenza de actividade, desde o Concello activouse de inmediato a tramitación do expediente, resolvéndose en apenas 24 horas para facilitar canto antes o regreso das persoas maiores ao municipio".

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Desde o goberno municipal tamén sinalan que durante este proceso "se botou en falta un diálogo máis fluído coa Xunta de Galicia, xa que desde o Concello se solicitaron en varias ocasións reunións para abordar a situación da residencia sen obter resposta". En todo caso, o Concello subliña que "as portas da institución municipal estarán sempre abertas á colaboración e ao diálogo institucional, especialmente cando se trata de mellorar a vida da veciñanza".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

E engade que "a nova residencia supón unha infraestrutura moi necesaria para Antas de Ulla, pensada para garantir atención, coidado e calidade de vida ás persoas maiores nun entorno tranquilo e próximo. Desde o Concello queremos tamén agradecer a paciencia das persoas usuarias, das familias, das coidadoras e de toda a veciñanza durante estes anos de espera. Hoxe Antas de Ulla dá un paso moi importante para culminar un proxecto que comezou hai máis de 30 anos e para que moi pronto as nosas persoas maiores poidan volver estar na casa", conclúe o goberno local.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page