Laura Moure/Antas de Ulla

O Concello de Antas de Ulla informa do seu compromiso co sector forestal. Lugomadera asinou hoxe o convenio de comunicación dixital e localización de aproveitamentos madeireiros e actividade forestal con catro novos concellos, ampliando a utilización de Notifor ata un total de 16 concellos da provincia de Lugo, entre estes Antas de Ulla, xestionando o 30% do volume de corta da provincia a través dunha ferramenta áxil e uniforme para toda as empresas.
O alcalde de Antas de Ulla, Javier Varela, foi o encargado de participar no acto de sinatura deste convenio. Desta maneira queda acreditado o compromiso dos concellos de Alfoz, Barreiros, Castro de Rei, Cervo, Corgo, Cospeito, Lourenzá, Mondoñedo, Pobra do Brollón, Trabada, Vicedo, Xove, Antas de Ulla, Guitiriz, Guntín e O Incio, co sector forestal madeira.
Comments