Antas de Ulla acollerá un Mercadiño de Troco para dar unha segunda vida a xogos, libros e xoguetes
- Laura Moure

- hace 22 minutos
- 1 min de lectura
A cita será o 28 de agosto
Laura Moure/Antas de Ulla
Antas de Ulla despedirá o verán cunha xornada dedicada á reutilización e ao intercambio coa celebración dun Mercadiño de Troco, unha iniciativa pensada para dar unha segunda vida a xogos, xoguetes, libros e disfraces.

A actividade terá lugar o 28 de agosto, de 12:00 a 18:00 horas, no Pavillón Polideportivo do municipio, nunha xornada aberta á participación da veciñanza.
Para participar no troco, as persoas interesadas deberán levar ao Concello, entre os días 24 e 26 de agosto, aqueles materiais que xa non utilicen. A cambio, recibirán Ullacoins, que poderán empregar durante o mercadiño para trocalos por outros artigos que lles resulten de interese.
PUBLICIDADE
A organización destaca así o carácter circular da proposta, promovendo o intercambio e a reutilización fronte ao desbotamento de obxectos que aínda poden ter unha segunda vida.
Ademais, as persoas que non teñan ningún artigo para achegar tamén poderán participar, xa que se habilitará un espazo de acceso libre, co obxectivo de que ninguén quede fóra da actividade.
PUBLICIDADE
A iniciativa pretende converter o pavillón nun punto de encontro para compartir, reutilizar e descubrir novos tesouros entre xogos, libros, xoguetes e disfraces.









Comentarios