top of page

Antas aproba bonificacións no imposto de Construcións para impulsar novas obras e proxectos

Ecos da Comarca/Antas de Ulla

O Concello de Antas de Ulla aprobou no último pleno municipal a modificación da ordenanza do Imposto de Construcións, Instalacións e Obras (ICIO), que xa está publicada no BOP e polo tanto a exposición pública para consultas e alegacións. “Unha actualización ventaxosa, con bonificacións que benefician ao conxunto da veciñanza para a realización de novos proxectos e obras no noso concello”, explica a alcaldesa, Pilar García Porto.

O tipo de gravame será progresivo en función do orzamento de execución, polo tanto todos os proxectos de ata 300.000 euros pagarán menos que na actualidade e os de maior cuantía tamén se teñen un marcado carácter social, fomentan ou crean emprego, están vinculados coa agrogandeiría ou manteñen tecido empresarial.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

En concreto, establécese unha bonificación do 50% para as construccións, instalacións e obras que afecten a vivendas e outras edificacións vinculadas a proxectos agrogandeiros e para as vivendas de protección oficial.


A bonificación chegará ata o 90% para as familias numerosas, naquelas actuacións que afecten a súa vivenda habitual familiar, así como para as melloras necesarias para favorecer o acceso e habitabilidade dos discapacitados e dependentes.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por último, a bonificación pode ser do 95% para as actuacións declaradas de especial interese ou utilidade municipal, por concorrer circunstancias de fomento do emprego ou porque supoñan melloras nas instalacións existentes.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page