top of page

Antas acolleu a entrega de premios do Concurso Letras Galegas 2026 da Biblioteca Municipal

Unha cita que volveu poñer en valor o talento, a creatividade e o amor pola nosa lingua da rapazada do concello

Laura Moure/Antas de Ulla

A Casa da Cultura de Antas de Ulla acolleu este sábado a entrega de premios do Concurso Letras Galegas 2026 da Biblioteca Municipal, unha cita que volveu poñer en valor o talento, a creatividade e o amor pola nosa lingua da rapazada do concello.


A alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto, participou neste acto tan especial, acompañando ás familias e ás persoas participantes nunha xornada dedicada á cultura, á lectura e á promoción da lingua galega.

Este ano o certame contou con dúas modalidades, debuxo e narración, nas que participaron numerosas nenas, nenos e mozos e mozas, demostrando unha vez máis a súa imaxinación, esforzo e compromiso coa cultura galega.


 Modalidade de Debuxo

 Categoría A

 Zeltia Pérez Diéguez

 Iván Guerrero Major

 Raúl Gómez Porto

 Categoría B

 Alessia Rodríguez Amor

 Samantha Sofía Flores Martínez

 Irea Magdaleno Vilariño

 Categoría C

 Pablo Coucheiro Rodríguez

 Manuel Coucheiro Rodríguez

 Iker Alberto Josenge Martínez

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

 Modalidade de Narración

 Categoría A

 Zeltia Pérez Diéguez

 Erea Vázquez Guerreiro

 Icíar Sobrado Novo

 Categoría B

 Samantha Sofía Flores Martínez

 Alessia Rodríguez Amor

 Alejandra Mosteiro Vázquez

 Categoría C

 Manuel Coucheiro Rodríguez

 Pablo Coucheiro Rodríguez

 Adriana Vázquez Louzao


"Parabéns ás persoas premiadas, ás que recibiron accésit e tamén a todas as participantes, porque o elevado nivel dos traballos presentados volveu demostrar o enorme talento que existe entre a nosa mocidade", sinala o Concello.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

A entrega de premios estivo acompañada da actuación de “WATUNNA”, unha proposta de narración oral e literatura indíxena venezolana da man de ksilocteatroymimo, que encheu a Casa da Cultura de historias, música e emocións para desfrute de todas e todos. "Dende o Concello de Antas de Ulla queremos facer un agradecemento moi especial ao xurado do concurso, que tivo a difícil tarefa de valorar os numerosos traballos presentados. O gran nivel das obras participantes fixo que a elección non fose nada sinxela, polo que queremos recoñecer o seu tempo, dedicación e compromiso con esta iniciativa cultural".


"Tamén queremos felicitar ás familias, ao profesorado e ao alumnado pola súa implicación e agradecer a presenza da veciñanza nesta celebración das Letras Galegas. En nome da alcaldesa Pilar García Porto e do seu equipo de goberno, gracias por seguir facendo medrar a nosa lingua, a nosa cultura e o talento das novas xeracións".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page