top of page

Ana Corredoira encabezará a lista do PSOE para facerse coa Alcaldía de Palas de Rei

Mañá terá lugar a presentación da súa candidatura na Casa da Cultura


Laura Moure/Palas de Rei

Ana Corredoira será a líder do partido socialista de Palas de Rei que pretende alcanzar a Alcaldía deste municipio. A presentación da candidatura será mañá, venres, 28 de abril, ás 21:30 horas na Casa da Cultura da localidade.


Ela preséntase do seguinte xeito:

Benqueridas veciñas e veciños, son Ana Corredoira, para quen aínda non me coñeza, unha moza bióloga de profesión, gandeira de corazón e dende hoxe a aspirante á alcaldía de Palas de Rei polo meu partido, o PSdeG.


Resido na Cernada, unha contorna rural chave na construción da miña identidade persoal, cultural e profesional. Un territorio cheo de oportunidades ao que vencellei a miña profesión, dedicándome á gandaría ecolóxica. Un proxecto cheo de iniciativa persoal, emprendemento e sacrificio, tres calidades que sen dúbida son e serán a base deste novo reto político.

Ana Corredoira.

Lidero esta iniciativa consciente das eivas e necesidades deste municipio que experimento eu mesma a diario, da importancia de vertebrar cada proposta arredor das veciñas e veciños e de buscar de novo a convivencia e a cohesión social a través do traballo colaborativo.


Nesta andaina estarei acompañada dun equipo comprometido, preparado e ilusionado para traballar activamente. Persoas que coma min, carecen de intereses políticos mais aló do obxectivo de mellorar e traballar a prol do municipio. Pronto terei a honra de presentárvolos.


Na presentación de mañá intervirá ela, Pilar García, secretaria de Organización e Deputada provincial e Luis Álvarez, voceiro do PSOE no Parlamento de Galicia.

A lista completa do PSOE de Palas é a seguinte:

1. Doña ANA MARÍA CORREDOIRA VÁZQUEZ

2. Doña ÁNGELA PÉREZ VÁZQUEZ

3. Don JOSÉ MANUEL GARCÍA MIGUÉLEZ

4. Doña TERESA CASTIÑEIRA VIZCAÍNO

5. Don MIGUEL ÁNGEL RIVERA BARRAL

6. Doña AIDA SÁNCHEZ EXPÓSITO

7. Don PABLO SÁNCHEZ ARIAS

8. Don JUAN BAUTISTA RODRÍGUEZ SANTISO

9. Doña ROSANA PACÍN VÁZQUEZ

10. Doña ISABEL CEA CEA

11. Don JOSÉ ANTONIO BLANCO ROUCO


Suplentes

1. Don PEDRO GONZÁLEZ SORDO

2. Doña MARÍA CRUZ FERNÁNDEZ CEBRAL

3. Don ELADIO BESTEIRO GÓMEZ

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page