top of page

Amplíase a vixencia do título de familia numerosa ata os 26 anos do fillo menor para aliviar os trámites destes fogares

4 feb 2024
1 min de lectura

Laura Moure/Xeral

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, mantivo un encontro este sábado con familias numerosas no que as informou da ampliación da vixencia do seu título ata que o fillo menor cumpre os 26 anos. Deste xeito, apuntou, alívianse os trámites destes fogares que xa non terán que renovar esta acreditación anualmente.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Ata o de agora este título tiña validez ata que o fillo maior cumpría os 26 anos, obrigando ás familias a renovalo cada ano para seguir desfrutando das vantaxes. Ademais, substitúese o tradicional título en papel por un título en formato tarxeta que levará aparellado un formato dixital que se pode obter a través da nova aplicación móbil xunta.eu. Este título en formato dixital xa está dispoñible para as 27.000 familias numerosas de Galicia.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A conselleira lembrou que estas actuacións leváronse a cabo en colaboración coa Asociación Galega de Familias Numerosas (Agafan), tamén presente no acto, para aliviar o número de solicitudes de renovación que reciben cada ano e para facilitar os trámites de todos estes núcleos familiares.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page