Ampla participación no concurso de Entroido de Melide
Laura Moure/Melide
O Concello de Melide celebrou o pasado martes, no Palacio de Congresos e
Exposicións, o seu tradicional concurso de disfraces que gozou dunha ampla
participación a pesar das limitacións temporais que tiveron os participantes
para elaborar os disfraces por mor da incerteza das restricións provocadas pola
Covid-19. Repartíronse 2.650 euros en total en premios nas distintas categorías: comparsas, grupos, individuais e parellas.

Os Gaitistas de Hamelín e o Imserso, dentro da categoría de comparsas, Os Elefantes Carnavaleiros e as Tanxugueiras na de grupos e O Bombeiro ecolóxico e Os Galegos chegan a lúa na de individuais e parellas, respectivamente, foron os galardoados.
A xornada do martes rematou co tradicional pasarrúas do Entroido e a posterior lectura do pregón e queima do Entroido na Paza das Coles, na que participaron numerosos veciños. Para clausurar o entroido, os máis pequenos da casa poderon desfrutar na tarde de onte dunha gran festa de inchábeis.