top of page

Amigos da Empanada inicia o petitorio popular e anima á veciñanza a ingresar na conta bancaria

A directiva dos festexos pide a colaboración baixo o lema “Esta Empanada facémola todxs” para sufragar os elevados costes e aliviar a carga de traballo dos voluntarios


Laura Moure/Silleda

O equipo de voluntarios e voluntarias da Asociación Amigos da Empanada comeza hoxe a recadación popular de fondos para a XLVI Edición da Festa da Empanada, que se celebrará en Bandeira do mércores 17 ao domingo 21 de agosto. Trátase, en palabras do tesoureiro da Asociación, Alfonso Mato, “dunha das tarefas de maior complexidade, posto que temos que visitar vivenda por vivenda nuns horarios moi reducidos e moitas veces en repetidas ocasións”. Para aliviar a carga de traballo das persoas voluntarias, Alberto García, coordinador da área económica da entidade, roga á veciñanza “realizar directamente o ingreso da cota na conta bancaria”, o que permitirá “dedicarlle máis tempo a mellorar a Festa da Empanada e perfeccionar as diversas actividades”.

A directiva da Asociación Amigos da Empanada, ao completo.

O número da conta bancaria da Asociación Amigos da Empanada é o seguinte: ES07 2080 5013 7230 0008 6620. Debendo indicar no concepto a palabra “cota” así como o nome, apelido e dirección da persoa que realiza o donativo. O ingreso tamén se poderá realizar de xeito presencial no Centro Cultural Vista Alegre de Bandeira no seguinte horario: de 19:00 a 21:30 (luns a venres) e de 12:00 a 14:00 h (sábados). Outra das opcións sería poñerse en contacto a través do WhatsApp da asociación (677 85 47 37) para concertar unha cita de visita no domicilio.

Andrés Seoane, presidente de Amigos da Empanada, confía en superar este ano a cifra dos 20.000 euros tras o enorme traballo que ao longo do ano realizou o seu equipo: “Confío en que este ano os veciños e veciñas aumenten a súa colaboración pola completa programación cultural, musical e gastronómica que ofertamos ao longo de todo o ano no pobo; como o Día Mundial da Empanada ou o Recuncar da Bandeira, o Entroido de Verán, San Cristovo, a feira dos anos 50 e os cinco días de Festa da Empanada”. Por outra parte, “un aumento da recadación popular axudaría a lograr o ansiado título de Interese Turístico Nacional, que nestes momentos está cada vez máis próximo” sinala Seoane.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page