Perruquería Marisa.gif

Amigos da Empanada amplía o prazo para a reserva de mesas

Ecos da Comarca/Silleda

A Asociación Amigos da Empanada de Bandeira (Silleda) está a recibir nas últimas horas unha altísima solicitude de novas reservas para a cea de peñas do sábado 20 de agosto. Este feito, leva a entidade a ampliar o prazo de reserva durante os días 16 e 17 de agosto a través do Whatsapp (677 85 47 37) ou de xeito presencial no Centro Cultural Vista Alegre no seguinte horario: Martes 16 agosto: 12:00 a 14:00 e 18:00 a 21:30 e mércores 17 agosto: 10:00 a 14:00

Andrés Seoane, presidente de Amigos da Empanada, pide á veciñanza máxima colaboración co equipo de voluntarios e voluntarias, “realizando o pago da cota de xeito bancario para aliviar así a súa intensa carga de traballo” e agradece a colaboración para que “despois de dous anos, regrese a Bandeira a festa gastronómica máis emblemática do Concello de Silleda”

50 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif