top of page

Alta participación do Club Atletismo Deza na carreira popular de Negreira

Ecos da Comarca/Deza

Unha quincena de rapaces e rapazas de entre 4 e 7 anos do Club Escola Atletismo Deza participou na Carreira Popular de Negreira A Clásica. Foi unha xornada de moita diversión e familiar, na que estes deportistas, que non teñen a oportunidade de participar en probas competitivas en pista pola idade, puideron saborear o que é unha competición.


Campionato zonal

"A pasada fin de semana, o 6 de novembro, varios deportistas do noso Club Escola estiveron no campionato zonal que tivo lugar en Pontevedra. Alí, tivemos presenza en varias categorías por equipos e en todas as probas de maneira individual. Esta proba foi clasificatoria para o Campionato Provincial. Foron varios os deportistas que conseguiron clasificarse, aínda que está a espera de concretarse como quedan os resultados", resalta o clube.

 

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page