top of page
Foto del escritorLaura Moure

Alfonso Villares pon en valor en Monterroso a calidade dos produtos do mar e insiste no fomento do seu consumo

Laura Moure/Monterroso

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou esta semana as peixerías dos supermercados das cadeas Froiz, Eroski e Plenus da localidade lucense de Monterroso. Desde alí enxalzou unha vez máis a importancia da cadea mar-industria, comezando pola actividade extractiva ata chegar ao consumidor final a través da distribución. O titular de Mar destacou que grazas a estes puntos de venda espallados por todo o territorio, xunto aos negocios de proximidade, o mellor produto dos mares galegos pode chegar ás mesas de todas as casas e ás cartas dos locais de hostalería.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O conselleiro insistiu na necesidade de seguir realizando campañas de promoción que sigan abandeirando aos peixes e mariscos galegos como os de maior calidade do mundo. Boa mostra do compromiso mostrado polo propio sector foi a acción presentada a semana pasada polas federacións de confrarías de pescadores e a Asociación de Empresarios Depuradores de Moluscos (Agade) para relanzar o consumo dos produtos do mar en resposta aos bulos que o sector sufriu nas últimas semanas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Alfonso Villares, acompañado polo alcalde monterrosino, Eloy García, por outros membros do equipo de goberno e por representantes das distintas cadeas de alimentación, incidiu na petición máis que reiterada ao Goberno central para que rebaixe o IVE dos produtos pesqueiros, petición que se ven demandando desde a Xunta e o conxunto do sector co fin de impulsar o consumo de peixe, marisco e conservas fronte á desvantaxe que hoxe teñen fronte a produtos da cesta da compra que contan ca rebaixa.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page