top of page

Alejandro González Novo é o novo Secretario Xeral do Partido Popular de Vila de Cruces

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Partido Popular de Vila de Cruces comunica o nomeamento de Alejandro González Novo como novo Secretario Xeral do Partido Popular de Vila de Cruces. Este sábado 25 de novembro o Grupo Municipal do PP decidiu por unanimidade o seu nomeamento.

O comité local conformarao o Presidente do PP de Vila de Cruces e exalcalde. Jesús Otero Varela; a Vicepresidenta e Portavoz Vanessa Trigás e o Secretario Xeral Alejandro González. Alejandro González continuará tamén como Responsable de Comunicación do Partido Popular de Vila de Cruces, cargo que comezou a desempeñar desde maio do 2023.


Publicidade

O novo Secretario Xeral coordinará as distintas áreas de actividade do Partido e dará apoio aos concelleiros electos e ao equipo interno de traballo.


Información sobre Alejandro González:

● Idade: 34 anos.

● Residencia: Entre Galicia e Madrid.


Publicidade

● Graduado en Dirección e Xestión Pública pola Universidade de Vigo.

● Máster en Dereito e Negocio Marítimo pola Universidade Pontificia de Comillas, Madrid.

● Más de 10 anos de experiencia en negocios de intermediación internacional e negocio de transporte marítimo.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page