top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Alba Forno e José Ramón Besteiro reivindican o apoio do goberno do Estado a Lalín

Subliñan que investirá máis dun millón de euros na Praza de Abastos


Ecos da Comarca/Lalín

O Delegado do Goberno, José Ramón Besteiro, visitou esta venres Lalín para mostrar o seu apoio á candidatura socialista de Alba Forno e tamén para reivindicar as grandes inversións que fixo o Goberno do Estado neste municipio.

A visita fíxose na Praza de Abastos, onde se fará unha reforma que conta con máis de 1 millón de euros dos Fondos de Recuperación que conseguiu Pedro Sánchez de Europa. "Esta é unha clara mostra de que temos un Goberno que pensa en todos os municipios, nos que se fan numerosas obras financiadas polo Goberno", indicou o delegado e engadiu que "a relación cos concellos é fluída e a que teremos con Alba a fronte do Concello será moito máis fluída aínda".


Pola súa banda, Forno puxo en valor o esforzo inversor do Goberno do Estado en Lalín con reformas como a da Praza de Abastos, "que era moi agardada por parte dos praceiros e do pequeno comercio lalinense". A candidata socialista considera que a Praza de Abastos ten que ser un dos motores do impulso ao comercio de proximidade e destacou que esta reforma "xa foi pactada durante o Goberno de coalicación e farase realidade con fondos do Estado aos concellos".

Forno lamentou que o Concello de Lalín perda continuamente oportunidades únicas que ofrece o Plan de Recuperación do Goberno, "quedando fóra de proxectos para reformar a piscina vella ou o pavillón, ou renunciando presentarse a outros coma o destinado a bens de interese cultural que permitirían o arranxo dos xardíns do Pazo de Liñares ou outros para as comundiades enerxéticas".

No mesmo sentido, o delegado lamentou que por parte do Goberno Autonómico tamén se perdesen oportunidades que permitirían mellorar moito máis a calidade de vida dos galegos e galegas, "pero fronte a iso, temos un Goberno en España que aposta por obras de medio ambiente, de infraestruturas, de saneamento ou eficiencia enerxética, entre outras, para que as leven a cabo os concellos, que se están revelando como as administracións máis eficientes na xestión dos Fondos Europeos".





0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page