top of page

AIRA celebra un ouro histórico para o seu queixo Pambre

Elaborado por Queixos de Galicia, convértese nun dos mellores do mundo nos World Cheese Awards 2025-26


Laura Moure/Palas de Rei

A cooperativa agroalimentaria AIRA acaba de acadar un novo fito coa concesión da medalla de ouro ó queixo Pambre, un Arzúa-Ulloa elaborado en Queixos de Galicia,

sociedade participada por AIRA e GARCÍA BAQUERO. O prestixioso recoñecemento dos World Cheese Awards 2025-26, un dos certames máis relevantes do sector lácteo internacional, supón un impulso decisivo .

ree

Este galardón internacional, un dos máis relevantes do sector lácteo, destaca non só a excelencia do produto, senón tamén o modelo de colaboración que sustenta o proxecto. Queixos de Galicia combina a traxectoria industrial e a capacidade de innovación de García Baquero co arraigo, a profesionalidade e o compromiso co rural galego que caracterizan a AIRA.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Para a Cooperativa, este ouro representa un recoñecemento directo ó traballo diario das ganderías socias, cuxo leite fai posible manter un nivel de calidade que agora se ve avalado a nivel mundial. O premio reflicte o coidado en cada paso do proceso: desde a produción responsable nas granxas ata a elaboración na planta de Palas de Rei. “A distinción ó queixo Pambre consolida a estratexia de AIRA a favor da calidade, a innovación e o desenvolvemento sostible do rural, así como a aposta por situar os produtos galegos nos mercados e concursos máis esixentes”, sinalan desde a Cooperativa.


AIRA traslada os seus parabéns a todo o equipo de Queixos de Galicia, a Lácteas García Baquero e, de maneira moi especial, ás familias gandeiras socias da cooperativa.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Un ano decisivo para Queixos de Galicia

Este recoñecemento chega nun momento especialmente simbólico: cúmprese un ano da creación de QUEIXOS DE GALICIA S.L., a alianza entre AIRA e GARCÍA BAQUERO, que naceu co propósito de impulsar o queixo galego de calidade. En apenas doce meses, a sociedade converteuse nun referente pola súa capacidade innovadora.


En Queixos de Galicia elabóranse Pambre, galardoado con este ouro e pertencente á D.O. Arzúa-Ulloa, así como o Queixo Tetilla de Pambre e o Arzúa-Ulloa Tres Viajeros, ampliando unha oferta que combina tradición, identidade e excelencia.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page