top of page

Agrocuir cumpre en Monterroso 10 edicións reivindicando a diversidade sexual

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo participou na presentación desta cita, que se celebrará o 21, 22e o 23 de agosto


Laura Moure/Monterroso

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, vén de presentar na Granxa Maruxa de Monterroso a décima edición do Festival Agrocuir da Ulloa, que se celebrará o 21, 22 e o 23 de agosto, en diferentes espazos deste municipio. A institución provincial colabora con esta proposta cultural, que reivindica a diversidade sexual e o futuro do rural, cunha achega económica de 8.000€. No acto de presentación a Deputada Provincial estivo acompañada por membros da asociación organizadora Agrocuir da Ulloa.


“Serán tres días de activades pensadas para desfrutar, pero tamén para dar visibilidade ao feminismo, aos colectivos historicamente invisibilizados e para poñer enriba da mesa algúns dos grandes retos da sociedade actual: como a defensa dun bosque autóctono ou o despoboamento do rural”, avanzou García Porto.

ree

Sobre a colaboración que mantén a institución provincial con este evento, Pilar García Porto recordou que “estamos ao carón de iniciativas coma esta, proxectos que poñen no centro os retos que temos por diante. Acadar unha sociedade máis inclusiva, derrubar os teitos de cristal; e situar o rural non como unha opción senón como unha verdadeira oportunidade pasa por traballar conxuntamente e sumar esforzos entre administracións, colectivos e entidades implicadas. Agrocuir é unha das mellores mostras que exemplifica esta filosofía”. 


Nesta liña, a Deputada sinalou que o éxito desta proposta cultural “non é casualidade, senón que é froito do incansable esforzo, dedicación e compromiso das persoas que o fan posible. Un prestixio avalado polo informe do Observatorio da Fundación Contemporánea do 2024 no que se recollen as iniciativas culturais máis destacadas e os lugares máis importantes do patrimonio de España. Un recoñecemento que cobra aínda máis valor ao tratarse dun documento baseado nas valoracións de máis de 400 expertos”. 


Programa

O evento desenvolverase en distintos espazos do concello de Monterroso e pódese consultar toda a información na páxina web do festival https://festivalagrocuir.wordpress.com/


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Xoves, 21 de agosto: 21:00 horas: representación teatral Yerma (Praza do Froito).

Venres, 22 de agosto:

17:00 horas: Cuirathlon (área recreativa A Peneda).

18:00 horas: proxección Delirio Sketches de Cru (centro sociocultural de Monterroso).

19:00 horas: proxección curtametraxe Delicuente de Nuria Vil con AranxaVicens (centro sociocultural de Monterroso).

20:30 horas: benvida X edición (Praza do Froito).

21:00 horas: concerto Toma de Terra (Praza do Froito).

22:30 horas: NeluVermouth + colectivo Agrocuir da Ulloa – Manifesto (Praza do Froito).

23:30 horas: concerto Ugía Pedreira (Praza do Froito).

01:00 horas: concerto El Gato con Jotas (Praza do Froito).02:30 horas: DJ Celulite (Praza do Froito).


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Sábado, 23 de agosto:

12:00 horas: inicio dos obradoiros en diferentes espazos de Monterroso.

13:00 horas: obradoiro de baile (Souto de Caracacho).

14:00 horas: xantar popular (Souto de Caracacho).

16:00 horas: bingo (Souto de Caracacho).

16:30 – 20:00 horas: Qué será... serán?(Souto de Caracacho)

.20:30 horas –

00:00 horas: cantos de taberna (bares de Monterroso).

01:00 – 03:00 horas: Tonita DJ (Praza do Froito).

03:00 – 05:00 horas: RikiHoney DJ (Praza do Froito). 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page