top of page

Agradecemento aos nosos heroes de carne e óso!

Laura Moure/Xeral

Despois dunha traxedia como a vivida estes días, na que sete persoas, catro veciños das comarcas, perderon a súa vida a cabeza non para de dar voltas. Como nuns minutos a vida pode cambiar tanto? Acabar para as propias vítimas e mudar tanto para os seus familiares e amigos. É inadsumible non volver a ver a esa persoa... e se cabe, a dor aínda é maior cando marcharon deste mundo nunha maneira tan tráxica.


No medio destas reflexións eu tamén penso neles: nos nosos heroes de carne e óso. Cando somos pequenos quedamos admirados daqueles heroes que vemos nos debuxos animados na televisión, daqueles que aparecen nos nosos primeiros contos e tamén os que rondan na nosa imaxinación! Bendita imaxinación! Nela vémolos con capa, que chegan no minuto un para salvarnos e que son invencibles! Eu hoxe quero agradecer aos heroes de verdade: a todas esas persoas que dan a súa vida por salvarnos e protexernos aos demais, aqueles, que por desgraza non son invencibles, e que incluso, nalgunha ocasión pagan coa súa propia vida. (Sen esquecernos da súa atención para facilitarnos o noso traballo xornalístico).


Moitas veces enfróntanse a grandes perigos. E non me quero imaxinar o que tiveron que pasar, de noite, dende esa altura, no río e con esas condicións meteorolóxicas tan adversas, todas esas persoas, GRANDES PROFESIONAIS, que traballaron no operativo de rescate dos nove pasaxeiros. Non hai palabras de agradecemento polo seu labor!


E xa que estamos con reflexións tampouco me quero esquecer dos meus compañeiros de profesión porque escribir noticias coma estas, créanme non é traballo doado. A eses compañeiros, xornalistas, que loitan pola nosa profesión e a dignifican facendo un xornalismo de calidade no que o RESPECTO polas vítimas e as súas familias está por riba de todo. Todo o demais, non é xornalismo.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page