Traballa na redacción do proxecto para dotar de alcantarillado ás vivendas deste lugar
Ecos da Comarca/Agolada
Os operarios municipais do Concello de Agoladamestiveron traballando nos últimos días na mellora da estrada de acceso á área recreativa de Ponte Vilariño, con fondos propios. Ademais de acondicionar a estrada, construíron beirarrúas nun dos tramos.
O goberno local, dirixido por Luis Calvo, aposta por promocionar os distintos atractivos
turísticos do municipio, pero é consciente de que primeiramente, é necesario mellorar os accesos e acondicionalos correctamente. “Nesta estrada había grandes socavóns, polo que procedemos a arranxalos e a mellorar a estrada”, explica o mandatario.
Ademais, decidiron construír beirarrúas nun tramo deste lugar da parroquia de Vilariño. “É fundamental velar pola seguridade dos veciños”, recalca.
Distintas actuacións
Cabe mencionar que o pasado ano o Concello, tamén con fondos propios, levou a cabo distintas melloras na propia área recreativa e no seu entorno: obras de limpeza, cambio de motor do depósito da auga; acondicionouse a caseta á que se lle cambiou o tellado e no seu interior fixéronse novos aseos, ademais de instalar sete mesas e 14 bancos.
Por outra banda, o alcalde avanza que o Concello xa está traballando na redacción do proxecto para dotar de alcantarillado ás vivendas de Ponte Vilariño. “E para o vindeiro ano pretendemos construír o alcantarillado en varias aldeas”, subliña Calvo.
Comments