top of page

Agolada lanza unha nova campaña de recollida de plásticos agrícolas para o 17 e 18 de maio

É a primeira deste ano


Laura Moure/Agolada

O Concello de Agolada lanza a primeira campaña do ano 2021 de recollida de plásticos agrícolas de silo e de invernadoiro. O obxectivo desta acción é que os gandeiros poidan desfacerse dos plásticos sobrantes ou xa usados nas súas explotacións. Os plásticos deberán depositarse nos lugares e días estipulados para cada zona durante as xornadas marcadas e non se poderán facer máis descargas ata novo aviso. En todas as parroquias depositaranse os días 17 e 18 de maio e recolleranse o 19.


Os lugares onde se deben deixar son:

  • A parroquia de Berredo: no campo da festa.

  • A parroquia de Artoño: no campo da festa de Buxel.

  • A parroquia de Baíña: no campo da festa.

  • As parroquias de Agra e O Sexo: no campo da festa de Agra.

  • As parroquias de Brocos e Sesto: no campo da festa de Brocos.

  • A parroquia de Val: no campo da festa.

  • As parroquias de Vilariño e Esperante: xunto ao cruceiro, na Lagoa.

  • A parroquia de Santa Comba: no campo da festa.

  • As parroquias de Carmoega e Brántega: na explanada da igrexa de Carmoega.

  • A parroquia de Órrea: enfronte á taberna de Oliva.

  • A parroquia de Bais: no campo da festa.

  • A parroquia de Merlín: ao lado do teleclube de Friufe.

  • A parroquia de Ferreiroa e a propia vila de Agolada: no polígono industrial, concretamente na parcela do Concello xunto á nave.

  • A parroquia de Gurgueiro: na explanada da igrexa de San Miguel.

  • A parroquia de Ventosa: xunto ao campo de fútbol (novo).

  • A parroquia de Trabancas: no campo da festa.

  • A parroquia de Borraxeiros: no campo da festa.

  • A parroquia de Eidián: no campo da festa.

  • A parroquia de Basadre: ao lado da igrexa.

  • A parroquia de Ramil: ao lado da marquesiña dos rapaces.

  • O lugar da Cornella: xunto á casa de Milucho.


Normas

O Concello de Agolada lembra que só se recollerán plásticos de silo ou invernadoiro; os plásticos deberán estar atados en fardos; non poderán levar restos de leña, herba ou calquera outro elemento e non se poderán depositar rodas nin garrafas de plástico.

Ante calquera dúbida os interesados poden chamar ao Concello: 986 788 062 ou 986 788 063.



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page