top of page

Agolada acollerá o día 3 de novembro unha sesión informativa sobre servizos financeiros

Será pola tarde no Auditorio Municipal Manuel Costa Casares


Ecos da Comarca/Agolada

O Instituto Galego de Consumo e da Competencia está levando a cabo unha campaña informativa sobre servizos financeiros que se desenvolverá nos vindeiros meses. Esta tamén chega ao concello de Agolada, que acollerá unha xornada informativa o día 3 de novembro. A cita será no Auditorio Municipal Manuel Costa Casares ás 18:00 horas.

Autor: Ecos da Comarca.

O obxectivo deste proxecto é achegar á poboación do ámbito rural información e asesoramento en materia bancaria e financeira e para iso Vicepresidencia Segunda e a

Consellería de Economía, Empresa e Innovación están levando a cabo varios talleres gratuítos sobre estas temáticas nas catro provincias galegas, que inclúen ademais, sesións informativas coma a que albergará a localidade agoladesa. Neste caso leva por título Consumo responde e será impartida pola Escola Galega de Consumo.


“Como persoas consumidoras de produtos bancarios enfrontámonos a diario a conceptos e situacións complexas. Unha educación financeira plenamente accesible ao conxunto da sociedade reduce os riscos de exclusión e alenta ás consumidoras e consumidores a planificar, contribuíndo tamén desta maneira a dar a coñecer a conta de pago básica e a de evitar o sobreendedamento”, sinalan dende Consumo.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page