top of page

Agolada acolle o día 25 de febreiro unha homenaxe a Xosé Vázquez Pintor

Durante o acto terá lugar tamén a presentación do libro 75 apertas de buxo irmandadas para Pintor


Ecos da Comarca/Agolada

O Auditorio Municipal Manuel Costa Casares de Agolada albergará o venres 25 de febreiro unha homenaxe a Xosé Vázquez Pintor. A cita será ás 20:00 horas. Ademais do tributo durante o acto terá lugar a presentación do libro 75 apertas de buxo irmandadas para Pintor.

Xosé Vázquez Pintor. Autor: Ángel Utrera.

Por suposto, a entrada será libre ata completar o aforo, pero deberase seguir o protocolo de loita contra a Covid e é obrigatorio o uso da máscara e manter a distancia de seguridade. Así mesmo, a organización prega ao público asistente que se achegue media hora antes das oito para evitar aglomeracións.


Intervencións

Durante o acto, intervirán Manuel Boubeta Costas (en representación de amigos de Cangas, Vigo e Cambados); Antom Laia López e Socorro Cea (en representación dos amigos Terra de Abeancos); Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero) (en representación dos amigos Terra Chá de Lugo); Carlos Negro e Carmen Lareo Morao (en representación das Terras de Deza) e David Otero (en representación de Tabeirós/Terra de Montes).


A música correrá a cargo da Coral Polifónica de Galicia e de Xosé Iglesias Fernández.

Cabe mencionar que Xosé Vázquez Pintor naceu en Melide, pero pasou a súa infancia e xuventude en Agolada e agora tamén está a maior parte do seu tempo na localidade agoladesa.


Podedes obter máis información deste escritor no seguinte enlace:



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page