top of page

AED e CCA de Lalín reparten 3.000 euros en vales no terceiro sorteo da campaña do '3 en liña'

Mañá, a partir das 17.00 horas na Praza da Vila, terá lugar o obradoiro de parkour, mentres que Os Bolechas visitarán os comercios asociados entre as 17:30 e as 19:30 horas


Laura Moure/Lalín

A Asociación de Empresari@s de Deza e o Centro Comercial Aberto (CCA) de Lalín realizaron este luns o terceiro sorteo do “3 en liña” da campaña O Nadal de Lalín... mola, no que repartiron 3.000 euros en 12 vales de compra de 250 euros cada un. O propietario do Kubos Lalín Cóctel Bar, Jaime Rodríguez, foi o encargado de exercer como “man

inocente” para elixir as 12 tarxetas premiadas, que corresponderon a Digna Dafonte, Santiago Fariña, Sandra González, Javier González, José Iglesias, Rocío Madriñán, Ana Miguélez, Ricardo Pol, Gloria Porral, Inés Rodríguez, Vanessa Taboada e María Milagros Vila.


Estes afortunados/as saíron elixidos entre todas as tarxetas depositadas no buzón cos correspondentes selos das tres compras dun mínimo de 50 euros realizadas nos comercios asociados á AED os pasados días 20, 21, 22, 23, 24 e 26. Nesta ocasión, as tarxetas premiadas revelaron que os seus propietarios realizaron as compras nun total de 14 establecementos: C&C Young Trend, Calzados Alca, Colchonería Soños do Deza, Colorín Colorado, Comercial Arribas, Embutidos Lalinense, Guerra, Lencería Lilas, Librería Juguetería Álvarez, Moca, Muebles Sieiro, Ninfa, Thebes e Zapatería Martínez.


Dende a Asociación de Empresari@s de Deza lémbrase novamente que as persoas gañadoras, para poder reclamar o premio, deberán presentar os tickets das compras dun mínimo de 50 euros realizadas nas citadas datas nos establecementos que selaron as tarxetas do “3 en liña”.


Por outra banda, reitérase que este mércores, ás 17:00 horas na Praza da Vila, os monitores de Vella Escola impartirán un obradoiro de parkour e que entre as 17:30 e as 19:30 horas Os Bolechas visitarán os comercios asociados.



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page