top of page

Adxudicada a Taboada y Ramos a reforma integral da pista de Portapiñeiro por máis de 100.000 euros

As ofertas poden presentarse na Plataforma de Contratación do Estado ata o día 22


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda continúa ca tramitación de proxectos para a mellora viaria do municipio. Así, este ano tamén se realizará con cargo ao Plan de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas (coñecido como Plan Marco), a reforma integral dun dos viais vertebradores da parroquia de Piñeiro. Trátase da pista de Portapiñeiro, que enlaza con Castro Castriño, e que discorre polo interior da localidade. Tamén se arranxará un dos ramais ata a igrexa parroquial de San Xiao.

Foto arquivo.

Os traballos foron adxudicados en Xunta de Goberno Local á firma Taboada y Ramos, que presentou a mellor das sete ofertas que concorreron ao proceso de licitación aberta, por un importe de 103.369,44 euros.


É un viario que acusa un notable deterioro e que se atopa nunha zona onde se concentran varias explotacións agrogandeiras. Mellorarase toda a capa de rodadura desta pista, entre outras actuacións. O vial conta con dous ramais que se reformarán integralmente con esta obra. Nos dous últimos anos a través deste programa da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) executouse a mellora dos viais de Balántiga e Cumbraos (en Escuadro) e o que une O Castro con Negreiros.

Esta actuación virá sumarase a outras previstas os vindeiros meses nos que o Concello de Silleda continuará mellorando a extensa rede viaria municipal no rural, con máis de 1, 2 millóns de euros a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e que comezarán nas vindeiras semanas.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page