top of page

Activados os mecanismos de protección pola rotura dunha balsa de áridos que acadaron o río Tambre

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Poden verse afectados os concellos de Frades, O Pino, Oroso, Santiago, Trazo, Val do Dubra, Ames, A Baña, Negreira, Brión, Noia e Outes


Ecos da Comarca/O Pino

O 112 Galicia informou este mediodía de que están activados os mecanismos de protección pola rotura dunha balsa de áridos que acadaron o río Tambre e que pode afectar a varios concellos, entre eles O Pino.


Desde o 112 avisouse aos concellos que poderían estar afectados para que teñan constancia dos feitos e tomen as medidas preventivas e de control necesarias. Ás 12:10 horas, o persoal de control de verteduras de Augas de Galicia chamou ao 112 Galicia para explicar que se produciu unha rotura nas balsas de áridos dunha canteira en Frades. A vertedura resultante alcanzou o río Tambre.

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

A continuación, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias procederon a informar aos concellos de Frades, O Pino, Oroso, Santiago, Trazo, Val do Dubra, Ames, A Baña, Negreira, Brión, Noia e Outes, que realizan captacións de auga no río afectado.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Deste xeito, poderán tomar as medidas de prevención e realizar as comprobacións necesarias para garantir unha segura e correcta subministración de auga á cidadanía.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page