Espérase que comece hoxe ás 12:00 horas do medio día e termine sobre as 24:00 horas.
IsmaelRS/Xeral
O martes teremos aire frío nas capas altas da atmosfera, polo que será unha xornada de moita inestabilidade. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos tormentosos máis probables e intensos durante a tarde, ocasionalmente acompañados de sarabia. As temperaturas descenderán lixeiramente. O vento comezará o día frouxo de compoñente sur e virará a norte con avance da xornada, comentan dende MeteoGalicia.
Comments