top of page

Acordo par a estabilización que permitirá funcionarizar a 37 empregados do Concello de Silleda

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Celebrouse a Mesa de Negociación co comité de empresa e as organizacións sindicais para abordar as bases que rexerán o proceso


Laura Moure/Silleda

Este mércores celebrouse no Salón de Plenos do Concello de Silleda unha nova sesión da Mesa de Negociación para avanzar no necesario proceso de estabilización do persoal municipal. Na sesión abordaronse cuestións relativas aos criterios que rexerán as bases específicas do proceso selectrivo extraordinario de estabilización para cobertura por quenda libre mediante sistema de concurso de 37 prazas de personal funcionario do Concello de Silleda.

“Hai acordo por todas as partes para este proceso, con que se normalizará, por fin e despois de moitos anos, a situación dos traballadores e traballadoras municipais”, explica o alcalde, Manuel Cuiña. Durante a xuntanza, á que asistiron tamén a concelleira de Persoal, Pili Peón, membros do comité de empresa, representantes dos sindicatos CSIF, CCOO e CIG, e tamén o responsable do departamento de Intervención, que dirixiu o proceso, o alcalde avanzou que a RPT se aprobará definitivamente no vindeiro pleno ordinario, previsto para o próximo xoves día 24.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

De feito este mércores quedou convocada a comisión informativa especial de Contas para abordar este documento xunto co cadro de persoal.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page