Laura Moure/Palas de Rei
Hoxe, 1 de xullo, abrirá ao público a piscina pública municipal de Palas de Rei. Todos aqueles que desexen utilizar as súas instalacións, deberán facer un carné familiar (custo: 6,29 eurospara os veciños do municipio; 15,71 eurospara os non residentes), nas oficinas municipais. En caso de non telo, terán que pagar unha taxa (0,52 eurosos veciños do municipio; 1,05 os non residentes) cada día que vaian á piscina.
Para asistir á piscina deberán cumprir a nova normativa relacionada coas medidas de contención do Covid-19, que lles fará saber o socorrista.
Os horarios que rexen a apertura de ditas instalacións son:
-De luns a venres de 12:00 a 20:00 horas.
-Sábados, domingos e festivos de 16:00 a 20:00 horas.
Comentários