Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Abonadas as axudas do Concello de Silleda á hostalería para paliar os efectos da Covid-19

Rexistráronse un total de 59 solicitudes e os establecementos percibirán 1.200 euros


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de abonar as axudas ao sector da hostalería para paliar os efectos da Covid 19, segundo as bases aprobadas por unanimidade polo Pleno da Corporación en maio, e que foron publicadas con posteiroridade no BOP de Pontevedra. En total, unha vez realizada a convocatoria rexistráronse 59 solicitudes. Delas 55 foron xa abonadas, outras tres precisan de documentación complementaria (que xa foi requerida de cara a aprobar a concesión) e só se rexeitou unha delas por non cumprir cos requisitos esixidos nas bases.

Estas axudas, con 1.200 euros cada unha, sufragaranse con cargo a fondos municipais e á aportación da Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos, que habilitou unha liña extraordinaria para apoiar a este sector. “Sen dúbida a hostalería segue a ser un dos sectores máis afectados pola crise derivada dos efectos da pandemia”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.


Estas axudas sumaránse ao programa Silleda Reactiva que se puxo en marcha o ano pasado para autónomos e empresas, ca concesión dun total de 242 axudas. Neste caso establecéronse dúas liñas: unha de 800 euros para establecementos que permaneceron totalmente pechados durante o confinamento de 2020 e outra de 300 euros para os que puideron permanecer abertos.


Así mesmo, o Concello de Silleda, con ánimo de axudar tamén ao sector hostaleiro, acordou suprimir para este ano o pago das taxas pola instalación de terrazas (que tampouco se cobrou o exercicio pasado) e o da taxa por recollida de lixo. “Todas estas axudas supoñen no caso do sector da hostelería, do que ningúen pode dubidar que está a ser o máis perxudicado nesta situación que nos tocou vivir, un importante apoio dende a Administración local”, engade Cuiña.


Nos vindeiros días publicarase na sede electrónica o listado das axudas outorgadas así como o protocolo específico de control de concesión destas axudas aprobado previamente pola Xunta de Goberno. As persoas e establecementos beneficiarios terán que presentar facturas por un importe igual ou superior á cantidade concedida de gastos xerados durante este ano e ata o 30 de novembro (as bases recollen que os establecementos deben estar abertos como mínimo dous meses depois á concesión da axuda).

25 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE