O anuncio da súa aprobación inicial publicouse hoxe no boletín oficial da provincia
O consistorio de Sobrado. Foto: Páxinas Galegas
Laura Moure/Sobrado
O orzamento de 2021 do Concello de Sobrado dos Monxes quedou aprobado inicialmente en sesión extraordinaria do pleno celebrado o pasado 25 de febreiro. O orzamento xeral, as bases de execución e a plantilla de persoal para o exercicio económico 2021, con arranxo ao previsto no artigo 169 do Texto Refundido da lei Reguladora de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo e o artigo 20 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, exponse ao público, tanto o expediente como a documentación preceptiva, por prazo de 15 días desde a publicación deste anuncio, aos efectos de reclamacións e alegacións. O anuncio foi publicado hoxe no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
Durante devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes. De conformidade co acordo adoptado o orzamento considerarase definitivamente aprobado, se durante o citado prazo non se presentan reclamacións.
Comments