top of page

Aberto o prazo para formar parte do grupo de teatro da Biblioteca Municipal de Antas de Ulla

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

As clases comezan en outubro


Laura Moure/Antas de Ulla

O grupo de teatro da Biblioteca Municipal de Antas de Ulla, co que colabora o Concello de Antas de Ulla, vén de abrir o prazo de matrícula, tanto para nenos e nenas, como para adultos. "A nova presidenta do grupo, Silvia López, a directora, Ana Carreira, e todos os seus e as súas integrantes, están desexando recibirvos", sinala o Concello.


O ensaio dos adultos é os mércores ás 20:00 horas mentres que os nenos e nenas, a partir dos tres anos, ensaian os martes pola tarde. As clases comezan en outubro.


Os interesados en anotarse poden mandar un mail a teatroantasdeulla@gmx.es ou chamar ao 652 847 317.


Obras de eficiencia enerxética no colexio

Por outra banda, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de comunicarlle ao Concello de Antas de Ulla o inicio dunha importante actuación no CEIP Plurilingüe de Antas de Ulla. As obras consistirán na mellora básica de eficiencia enerxética do centro e darán comezo a segunda quincena do mes de novembro.


En concreto, a actuación suporá un investimento total de 254.957 euros, que se vai destinar a actuacións previas, albanelería, fachadas e illamentos, carpintería exterior e interior, revestimentos e falsos teitos, instalación de iluminación, pintura e decoración, cuberta e pluviais, seguridade e saúde e xestión de residuos.


O goberno local valora estas obras que suporán un importante avance en aforro e eficiencia enerxética para o CEIP Plurilingüe de Antas de Ulla.


Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page