Aberto o prazo de inscrición dos campamentos de verán do Concello de Antas de Ulla
Arrancarán o 17 de xullo e prolongaranse ata o 31 de agosto
Ecos da Comarca/Antas de Ulla

O Concello de Antas de Ulla abriu esta semana o prazo de inscrición para o seus campamentos infantís de verán, que arracarán o 17 de xullo e se prolongarán ata o final de agosto.
Publicidade
Estes están dirixidos aos cativos de 4 a 12 anos e o horario será de 9:30 a 14:00 horas. O 14 de xullo, tal e como informa o Concello, terá lugar unha presentación para as familias. Será ás 13:30 horas na Casa da Cultura.
Publicidade
Os interesados en asistir deberán anotarse nas oficinas do Concello ou a través do teléfono 982 379 251. Hai prazas limitadas.