Será o día 11 de xuño e xa hai máis de 90 anotados
Ecos da Comarca/Lalín
O día 11 deste mes terá lugar a primeira andaina por Camposancos, en Lalín, que consta de 10 quilómetros. O prazo de inscrición xa está aberto, pero pecharase esta semana, en concreto o día 8. Está organizada pola Asociación de Veciños San Cristovo de Camposancos.
Haberá unha ruta para adultos e outra para os cativos. Os interesados poden anotarse e obter máis información no seguinte enlace: https://ccnorte.com/evento/detalle/page/1/dp/7/id/2557/1-andaina-camposancos-lalin
A entrega de dorsais realizarase o propio día da andaina, nas inmediacións da saída/meta (Goleta 39, Camposancos, Lalín) dende as 9:00 ata as 9:30 horas. Entregarase xunto co dorsal unha camiseta conmemorativa a todos/as os/as participantes, ademais dun agasallo sorpresa.
A día de hoxe xa hai 93 inscritos.
Comments