top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Aberto o período de matrícula para o XIX Merzapercusión

Terá lugar na parroquia cruceña de Merza do 17 ó 21 de xullo de 2024


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Merzapercusión celebra en 2024 a súa decimonovena edición. É un dos cursos de

percusión máis lonxevos a nivel nacional e leva formado a múltiples xeracións de percusionistas. Terá lugar na parroquia cruceña de Merza en xullo.

O curso ofrece unha formación integral no campo da percusión, desde a técnica básica

ata a interpretación musical, dando a coñecer a música de percusión de diferentes estilos e culturas. O alumnado ten a oportunidade de aprender de artistas e profesores nacionais e internacionais de recoñecido prestixio.


O programa do curso inclúe clases maxistrais, talleres, concertos e jam sessions e os alumnos teñen a oportunidade de participar en grupos de cámara, sección orquestal, gran ensemble e blocos, converténdose nos protagonistas principais do Merza-Reunión, espectáculo final que clausura o curso.


Publicidade

O Merzapercusión está dirixido a percusionistas de todos os niveis, desde principiantes ata profesionai e terá lugar en Merza do 17 ó 21 de xullo de 2024. Ademais, este ano contan cunha nova modalidade MerzaDrums orientado a percusionistas especializados no mundo da batería. As inscricións pódense realizar a través da web de Merzapercusión.


Para máis información, podes visitar a web de Merzapercusión ou contactar coa organización do curso.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page