top of page

Aberto en Silleda ata o día 20 o prazo para comunicar a celebración de cacharelas de San Xoán

Todas as comunicacións deben presentarse por Rexistro e cumprir as indicacións que se recollen no bando editado ao respecto desta celebración


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda xa ten aberto o prazo para comunicar a celebración de cacharelas de San Xoán. Ao igual que nos anos anteriores, todas as persoas e entidades que desexen facer a fogueira na noite do 23 ao 24 de xuño próximos deberán comunicalo por Rexistro (en horario de 9:00 a 14:00 horas) ou ben a través da Sede Electrónica.

Unha vez comunicada a celebración, tal e como recolle o bando (que se pode consultar na web) as persoas e entidades promotoras recibirán unha comunicación cas medidas a ter en conta para a celebración das cacharelas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O lume deberá de quedar perfectamente apagado antes das 6:00 horas do 24 de xuño. Unicamente poderán ser realizadas aquelas fogueiras que teñan efectuada a comunicación por escrito ao Concello de Silleda e as fogueiras que se realien nos terreos particulares deberán respectar as condicións que delimitan as autoridades autonómicas en relación á prevención de lumes. Só se poderán realizar as fogueiras en terreos particulares localizados en solo urbano (núcleos urbanos) e en solo de núcleo rural (núcleos rurais).


O bando establece ademais que queda prohibido realizar lume en solo rústico con calquera uso (agropecuario, forestal...), así como en zonas próximas a terreos destas características que sexan susceptibles de causar un lume incontrolado, de acordo coa lexislación vixente. Tamén se recollen medidas preventivas como a devasa do terreo con carácter previo a prender o lume, ou a vixiancia do mesmo, entre outros.






Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page