Aberto ata o día 21 o prazo para facer a matrícula na Escola de música de Visantoña
- ecosdacomarca
- 11 jul 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Santiso

A Escola de música de Visantoña (Santiso) ten aberto o prazo de matrícula para o curso 2023/2024. O prazo remata o 21 de xullo e as inscricións fanse enviando un mail a esmuvisantonha@gmail.com
Publicidade
Esta agrupación oferta música e movemento, iniciación á linguaxe musical; trompeta, trompa, bombardino, trombón, tuba, frauta traveseira, saxofón, clarinete, óboe, linguaxe musical para adultos e baile tradicional a partir dos seis anos.
Os interesados poden consultar ademais a páxina web da formación que é bemusicavisantonha.com
Comments