top of page
Foto del escritorLaura Moure

ABANCA colabora coa cooperativa gandeira O Rodo de Rodeiro e sitúa a sostibilidade no foco principal do acordo

O banco e a cooperativa asinan un acordo cun catálogo de produtos e servizos que aporten solucións para o día a día


Laura Moure/Rodeiro

ABANCA e a Sociedade Cooperativa do Campo O Rodo de Rodeiro asinaron un acordo

de colaboración cun catálogo de produtos e servizos deseñado a medida pola unidade

especializada ABANCA Agro para mellorar a situación do día a día do sector e fomentar

a sostibilidade.

O acordo foi rubricado en Rodeiro pola directora de oficina de ABANCA en Rodeiro, María Julia Otero, e o presidente da Sociedade Cooperativa do Campo O Rodo, Jesús María Montes. Os dous representantes aproveitaron o encontro para conversar sobre os retos actuais aos que se enfronta o campo e o compromiso que a entidade financeira mantén co sector.


Publicidade

O catálogo que figura no convenio conta con produtos e servizos como préstamos persoais, leasing, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e intereses moi competitivos, e outras solucións como o confirming, factoring ou avais.


Publicidade

A sostibilidade toma especial relevancia neste acordo, xa que a entidade financeira pon en marcha novas liñas de financiamento con condicións bonificadas para a mellora da eficiencia enerxética, a modernización das explotacións agrarias e a adquisición de vehículos e maquinaria que permitan a reducción da pegada de CO2 das explotacións.


Publicidade

O catálogo conta ademais coa Liña de Financiamento Agro Multidestino de ABANCA,

un produto de financiamento que permite adaptarse ás necesidades dos gandeiros

agrupando nun só contrato o financiamento máis habitual do día a día das explotacións

co conseguinte aforro nos custos. Para isto, ABANCA habilita esta liña de financiamento recorrente que permite o anticipo das axudas da PAC, facer fronte aos gastos de

campañas agrícolas e gandeiras e o financiamento das primas de seguros agrarios

contratados na entidade financeira. Coa agrupación destes tres destinos, as persoas

que forman parte da cooperativa contarán con fondos en función das necesidades

específicas que xurdan ao longo do ano cunha reducción importante de trámites e

gastos de formalización.


Os gandeiros tamén contarán con acceso ao Programa Servizos ABANCA, que permite

aforrar no pagamento dos servizos bancarios máis habituais, e co asesoramento de

todo un equipo de xestores e xestoras especialiadas en materia de seguros ou banca

electrónica. Ademais, desde as oficinas de ABANCA tamén se lles facilitrá información

relativa a opcións de financiamento a través dos convenios oficiais que o banco ten

subscritos con organismos públicos como o ICO ou SAECA.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page