top of page

A XXV Mostra de Teatro Amador de Palas, Teatro no Camiño arranca o 21 de agosto

Catuxa Salom recibirá o XXIV Premio Mácara e Xosé Luis Otero Cebral, o XIX Premio Careón


Laura Moure/Palas de Rei

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada Camoira, as encargadas do apartado de Produción Ana María García Negro, María Xosé Mourenza García, Xema Buján Mosteiro e o director de Metátese Teatro, Afonso García Penas presentaron a pasada semana no Salón de Plenos do Concello a XXV Mostra Internacional de Teatro Amador de Palas de REi, Teatro no Camiño de Santiago, organizada pola Orde das Donas e Cabaleiros do Priorato de Vilar de Donas, Os Lobos, en colaboración con Metátese Teatro, Alentía Teatro e o Concello de Palas de Rei.

Nesta vixésimo quinta edición participarán compañías de Galicia, Estremadura, Castela A Mancha e Cataluña. O programa desta edición queda como segue:


PRIMEIRA SEMANA

  • MÉRCORES, 21 DE AGOSTO. GRUPO: BRAIS DAS HORTAS. OBRA: Contos para caghar patatillas. HORARIO: 20:00 horas. LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei. Esta actuación está subvencionada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través do programa CULTURA NO CAMIÑO.

  • XOVES, 22 AGOSTO. GRUPO: CDG e Teatro ó cubo. OBRA: A Utópica rodante 'De Vilatriste a Vilalegre' HORARIO: 20:00 horas. LUGAR: Praza do Concello de Palas de Rei.

  • VENRES, 23 DE AGOSTO. GRUPO: OBRADOIRO MUNICIPAL DE TEATRO DE PALAS DE REI, de Palas de Rei. OBRA: Á luz das candeas. HORARIO: 20:00 horas. LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei.

  • SÁBADO, 24 AGOSTO. GRUPO: Garnacha Teatro, de Calamonte (Mérida). OBRA: De tripas corazón. HORARIO: 20:00 horas. LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei.

  • DOMINGO, 25 AGOSTO. GRUPO: Metátese Teatro. OBRA: Na procura dun traballo. HORARIO: 20:00 horas. LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei.


Entrega do VII PREMIO “GARABATO” Á CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO EN HOMENAXE A GABRIEL BARREIRO TOURAL á ASOCIACIÓN CULTURAL PALACIO DO REI.


SEGUNDA SEMANA

  • XOVES, 29 DE AGOSTO. GRUPO: SOLE FELLOZA. OBRA: O comezo do mundo. HORARIO: 20:00 horas. LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei. Esta actuación está subvencionada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través do programa CULTURA NO CAMIÑO.

  • VENRES, 30 DE AGOSTO. GRUPO: Ánxeles Goás. OBRA: O medo é libre. HORARIO: 20:00 horas. LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei. Esta actuación está subvencionada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través do programa CULTURA NO CAMIÑO.

  • SÁBADO, 31 DE AGOSTO. GRUPO: Ses Garbo girls del Orfeó mahonés. OBRA: Orinoco. HORARIO: 20:00 horas. LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei.

  • DOMINGO, 1 DE SETEMBRO. GRUPO: Escuela de Teatro e Invencible Teatro, de Villalpardo (Cuenca). OBRA: El viaje entretenido o de piojos y actores. HORARIO: 20:00 horas. LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei.


    TERCEIRA SEMANA

  • XOVES, 5 DE SETEMBRO. GRUPO: Óscar Varela. OBRA: Os contos de Manuel. HORARIO: 20:00 horas. LUGAR: Casa da Cultura de Palas de Rei.

  • VENRES, 6 DE SETEMBRO. GRUPO: Paula Carballeira. OBRA: Os contos que contan. HORARIO: 20:30 horas. LUGAR: O Parladoiro de Arqueixal, Santiago de Albá.

  • SÁBADO, 7 DE SETEMBRO. GRUPO: XIII SON D’ALDEA OBRA: O valor da auga. HORARIO: 10:00 horas. LUGAR: Aldea da Graña.

    Entrega de: XXIV PREMIO MÁCARA: Catuxa Salom. XIX PREMIO CAREÓN: Xosé Luis Otero Cebral.


Todas as funcións serán ás 20:00 horas na Casa de Cultura de Palas de Rei, excepto a de Paula Carballeira, do venres 6 de setembro, que terá lugar no PARLADOIRO de ARQUEIXAL, na aldea de Santiago de Albá, ás 20:30 horas e a do sábado, 7 de setembro, que se celebrará o roteiro teatral polas corrupias, carreiros, bouzas, soutos... da GRAÑA e que principiará ás 10:00 horas no campo da festa desta aldea. O sábado, 7 de setembro, ao longo da xornada de Son d’aldea, entregarase o XIX Premio Careón ao escritor XOSÉ LUIS OTERO CEBRAL en recoñecemento ao seu labor como escritor e defensor da Ulloa. Entre os argumentos empregados polo XURADO destacan: 1.- Creador que mergulla e canta ás xentes da Ulloa con sentimento de pertenza e orgullo. 2.- Sobresaen na súa obra a terra e a sociedade que o criaron. 3.- O seu labor de dinamizador cultural e creador de opinión. 4.- A investigación, posta en valor e transmisión no terreo da etnografía. 5.- A defensa decidida da cultura en galego e do ámbito rural.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ese mesmo día tamén se fará entrega do XXIV Premio Mácara a CATUXA SALOM pola súa traxectoria profesional como actriz, cantante e compositora. Entre os argumentos empregados polo XURADO destacan: 1.- A calidade artística e humana amosada na súa traxectoria como actriz, cantante e compositora. 2.- A defensa decidida da cultura en galego e do ámbito rural. 3.- A implicación en proxectos que amosan unha maneira de ollar diferente e que cantan ao ecofeminismo e ás raíces.


O domingo, 25 de agosto, ás 20:00 horas, na Casa de Cultura de Palas, entregarase o VII PREMIO “GARABATO” Á CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO EN HOMENAXE A GABRIEL BARREIRO TOURAL, dotado con 1.000 euros e figura á ASOCIACIÓN CULTURAL PALACIO DO REI. Este premio outórgano as Asociacións Culturais A ORDE DAS DONAS E CABALEIROS DO PRIORATO DE VILAR DE DONAS, “OS LOBOS”; ALENTÍA TEATRO E METÁTESE TEATRO. Entre os argumentos empregados polo XURADO destacan: 1.- O traballo decidido a prol da adquisición, conservación, coidado e consolidación da cultura tradicional galega. 2.- Organización e participación en Festivais que posibilitan a visibilización de tecido cultural en galego. 3.- Favorecer e crear espazos pedagóxicos que propician: • A defensa da lingua galega. • O coñemento etnográfico do mundo rural. • A defensa decidida da cultura en galego e do ámbito rural. 4.- A posibilidade de acceso festivo á cultura tradicional galega para nenos/as e mocidade; facilitando, así mesmo, a comunicación entre xeracións.


Hoxe en día a MOSTRA DE TEATRO AMADOR DE PALAS DE REITEATRO NO CAMINO DE SANTIAGO é un referente dentro do panorama de teatro amador galego e nacional e pola mesma teñen pasado xa máis de trescentas compañías do teatro amador galego e máis de trinta da península e de países como Cuba, México, Rusia, Portugal, Francia, Venezuela...


METÁTESE TEATRO é integrante de FETEAGAL (Federación Teatral Afeccionada de Galicia) e ESCENAMATEUR e iso posibilita a participación na actualidade de grupos de teatro nacionais e internacionais.


Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page