Repartiranse un total de 2.415 euros en premios entre sete categorías
Laura Moure/Palas de Rei
O alcalde de Palas, Pablo Taboada, e o presidente de Asociación a Capela de Vilar de Donas, Raúl López, xunto con outros membros do comité organizador da Feira do Cabalo Comarca da Ulloa, fixeron a presentación desta XXIX edición, que se celebrará o 7 de agosto, na pista do Hipódromo de Vilar de Donas.

Será unha xornada na que habrá un total de sete categorías para competir: andadura a dous tempos (serrada), andadura a catro tempos (chapedada) carreiras de velocidade pura sangre inglés, carreiras de velocidade cruzados, carreiras de velocidade pura raza árabe, carreiras de burros e finalmente a categoría de estampa e beleza.
“Pola mañá terán lugar as probas de andadura, tanto a serrada a dous tempos, como a chapeada a catro tempos e a proba de velocidade cruzados; mentres que pola tarde terán lugar as probas de velocidade de pura sangre inglesa, árabe, as carreiras de burros e a proba de estampa e beleza. Logo a entrega de premios será a última hora da tarde, antes previamente, terá lugar o acto de distincións oficiais por parte da Asociación A Capela”, indica Raúl López.
Nesta XXIX edición repartiranse un total de 2.415 euros en premios, nos que en cada categoría, das sete totales, hai: un primeiro dotado 150 euros, un segundo de 100, un terceiro de 50, cuarto de 25 e un quinto premio de 20 euros. O xuíz encargado de verificar as probas será Xabier Gómez Pimentel.
Tamén habrá servicio de bar, durante toda a xornada, no que se podrá adquirir bebida e comida. En canto o horario que rexe esta xornada, este será o seguinte:
10:30 horas: Apertura do recinto feiral e inscricións. Os Cabaleiros da Orde de Priorato de Vilar de Donas farán unha volta o recinto.
11:00 horas: Andadura serrada a 2 tempos.
11:45 horas: Andadura chapeada a 4 tempos.
12:30 horas: velocidade cruzados.
13:30 horas: descanso para xantar (haberá servizo de restauración nas instalacións).
16:00 horas: velocidade pura sangre inglesa.
16:45 horas: velocidade pura sangre árabe.
17:35 horas: velocidade de burros.
18:30 horas: Estampa e beleza.
19:30 horas: Distincións oficiais e entrega de Premios.
Comments