A recreación deste evento identitario desenvolveuse na magnífica casa fidalga de Golmar de Anzo e estivo organizada conxuntamente pola veciñanza de Anzo e de Busto
Laura Moure/IsmaelRS/Lalín
A XXIV Matanza Tradicional, que tivo lugar este domingo na casa de Golmar de Anzo, organizada conxuntamente pola veciñanza das parroquias de Anzo e Busto, contou cunha elevada participación de veciños e visitantes, e foi unha das edicións máis sobresaíntes e completas xa que contou con moitas actividades e representacións de carácter etnográfico.
Publicidade
O alcalde, José Crespo, agradeceu enormemente a total dispoñibilidade que os veciños destas dúas parroquias tiveron dende o primeiro momento para ser organizadores da Matanza, da man da comisión organizadora integrada por veciños de ambas dúas parroquias e dos concelleiros de Festas, José Cuñarro, e de zona, Marcos Mariño. O rexedor tamén agradeceu de primeira man á familia Cortizo (ao matrimonio conformado por José Luis Cortizo Vila e María José Méijome Pérez e ao seu fillo e nora, Rubén Cortizo Méijome e Ana Valladares González) a cesión da magnífica casa fidalga e as súas construcións anexas para levala adiante. Trátase dun inmoble singular con hórreo, palleira, lareira, portada de madeira, eira enlousada de pedra, entre outros moitos elementos singulares.
Publicidade
Asistiu tamén unha nutrida representación de membros da Corporación Municipal, ademais do conselleiro de Cultura, e do presidente da Deputación de Pontevedra.
O porco foi un exemplar lalaíno de 184 quilogramos en canal, que foi transportado como tradicionalmente se facía, nun carro tirado por vacas e foi levado ao lugar do seu despece. Tras a Matanza, houbo unha degustación de produtos típicos como a costela, torresmos e chourizos. A maiores, a veciñanza aportou unha gran diversidades de sobremesas típicas.
Por outra banda, a celebración da Matanza foi narrada e comentada polo xornalista Manuel Vilariño e polo Cronista Oficial de Lalín, Daniel González Alén, que achegaron aos visitantes aspectos historiográficos, etnográficos, culturais e ata anecdóticos ao redor deste evento que está tan enraizado nas nosas tradicións.
Publicidade
Ao longo do proceso de recreación da Matanza houbo varias representacións de carácter etnográfico que sumaron un atractivo máis ao evento, tales como unha exposición de apeiros de labranza, de antigos oficios, a representación da chegada dunha emigrante procedente de Bos Aires, o afiado de gadañas, a escarocha do millo, a escenificación dun escribán que se trataba de redactar todo tipo de documentos relacionados coa vida dunha parroquia, ou a representación dunha regueifa da torna da auga, moi representativa das antigas liortas entre veciños. Tamén contou tamén coas actuacións musicais da Carballeira de Cercio e do Trío 3.com
Cabe mencionar que non faltou a visita do porco máis famoso de Lalín e da contorna: o porco Cayetano.
Nós estivemos alí e fixemos un vídeo que leva días publicado no noso Facebook. Deixamos por aquí o enlace:
Comments