A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, subliñou isto este sábado na entrega de premios do concurso anual que organiza a entidade
Laura Moure/A Ulloa
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, salientou este sábado a implicación da Asociación de pescadores da Ulloa no coidado do medio ambiente coa súa aposta pola pesca sostible.
Logo de participar na entrega de premios do concurso anual que organiza a entidade, Ángeles Vázquez puxo en valor o papel dos pescadores na conservación e mellora dos nosos ríos xa que “se hai persoas interesadas na conservación e mellora do medio ambiente son, precisamente, as que desfrutan do mesmo”.
![](https://static.wixstatic.com/media/0216be_588aae8e13614738bc30eea2be3a5609~mv2.png/v1/fill/w_49,h_33,al_c,q_85,usm_0.66_1.00_0.01,blur_2,enc_auto/0216be_588aae8e13614738bc30eea2be3a5609~mv2.png)
A conselleira sinalou que a da Ulloa é unha das sociedades de pesca con maior número de socios da provincia de Lugo, o que a converte nun referente en todas aquelas iniciativas que se levan a cabo para acadar os obxectivos de fomentar unha actividade respectuosa co medio ambiente e acadar a remuda xeracional na pesca de río.
Así mesmo, Ángeles Vázquez animou os membros desta Asociación a seguir desfrutando desta actividade e continuar impulsando actuacións que van en beneficio de todos como, por exemplo, a vixilancia nos tramos de pesca fluvial ou a posta en marcha de actividades divulgativas e formativas.
Para concluír, a conselleira subliñou a importancia de seguir coidando e conservando os nosos ríos e o noso patrimonio natural porque é un tesouro de valor incalculable que debemos transmitir nas mellores condicións posibles ás xeracións futuras.