top of page

A Xunta reunirase o luns cos veciños de Agolada de cara a implementar novas parcelarias no concello

Será directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, a que se desprace a este municipio


Laura Moure/Agolada

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, desprazarase o vindeiro luns ao concello de Agolada para manter unha reunión con veciños interesados no impulso de novas concentracións parcelarias. Así, no encontro abordaranse as diferentes zonas solicitadas e as súas características, de cara á súa posible implementación. Cabe destacar que en Agolada xa se remataron 13 zonas de reestruturación parcelaria, cunha superficie concentrada que acada as 5.323 hectáreas, afectando a 19.605 parcelas e a 4.876 predios resultantes de 2.121 persoas propietarias.


As concentracións parcelarias son unha ferramenta fundamental para paliar o minifundismo presente na nosa comunidade, dende o punto de vista da estrutura da propiedade. Así, permite reorganizar parcelas de cara ao redimensionamento das explotacións, facéndoas máis rendibles e abaratando os custos de produción, incrementando a súa sustentabilidade e competitividade no mercado. Así mesmo, posibilita mellorar as vías de comunicación, non só para as parcelas, senón entre poboacións, o que supón maior dotación de servizos básicos que potencian a calidade de vida no rural, entre outras actuacións relativas a infraestruturas.

Por iso, a Xunta segue impulsando estes procesos da man da Lei de recuperación da terra

agraria de Galicia, que veu complementar e desenvolver o marco legal actual, para culminar un camiño iniciado pola Lei da mellora da estrutura territorial agraria de Galicia

(Metaga). Este ano, está previsto investir 17 millóns de euros no desenvolvemento de

distintas zonas de concentración parcelaria.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page