top of page

A Xunta remata as obras do taller mecánico de defensa do monte en Botos, en Lalín

As actuacións contaron cun investimento de case 1,3 millóns de euros para reformar o taller mecánico para vehículos e motobombas


Laura Moure/Lalín

A Consellería do Medio Rural vén de rematar as obras de acondicionamento das edificacións e parcelas da nave da Dirección Xeral de Defensa do Monte no polígono industrial de Botos, no concello de Lalín. As actuacións, que foron executadas cun orzamento total de case 1,3 millóns de euros, consistiron na implantación dun taller mecánico centralizado -para vehículos como todoterreos e motobombas- para parte do parque móbil desta dirección.

 A reforma incluíu a construción dun semisótano para destinalo a almacén loxístico para dar resposta ás necesidades internas do equipo, que precisaba novos espazos de almacenamento, arquivo e talleres que presten servizo ao operativo de extinción de incendios que traballa na contorna.

 

Publicidade

Así mesmo, nos terreos onde se localiza dita nave, reformouse outra edificación co fin de habilitala como punto de encontro para as brigadas do Distrito Forestal XVI Deza-Tabeirós. Tamén se configura como unha instalación para facer funcións de centro operativo de reunión e agarda de expedicións de bombeiros forestais e persoal nos desprazamentos de media distancia a incendios, así como base para os postos de mando avanzado.

Publicidade

As actuacións levadas a cabo en ambas edificacións incluíron tarefas de conservación, mantemento e reparación de danos en cubertas, chemineas, canlóns baixantes ou sumidoiros. A maiores, dotouse a nave principal dunha nova zona administrativa con despachos, aseos, vestiarios e unha sala múltiple.


Publicidade

Cabe sinalar que estas actuacións están enmarcadas no Plan de Infraestruturas da Consellería do Medio Rural, que ten como finalidade mellorar o servizo público que a Administración presta no medio rural galego.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page