Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

A Xunta reactiva as obras de execución do novo centro integral de saúde de Lalín

A Consellería de Infraestruturas, unha vez solucionados os problemas derivados da crise dos materiais, retoma a construción do centro cuxa estrutura está practicamente rematada


Laura Moure/Lalín

A Xunta reactivou hoxe as obras de execución do novo centro integral de saúde de Lalín, unha vez solucionados os problemas derivados da crise dos materiais. No que se refire ás actuacións, están rematados o movemento de terras e as cimentacións, así como a estrutura do edificio, que xa está practicamente finalizada. Na actualidade, estanse a acometer traballos de albanelería no pechamento exterior e nos próximos días comezará a colocación do illamento na cuberta, a formación de pendentes e a estrutura metálica das escaleiras.

A intervención, cun investimento autonómico de 9 millóns de euros, configura a segunda destas novas instalacións sanitarias de referencia que se constrúe en Galicia, logo do centro integral de saúde que a Xunta está a executar na cidade de Lugo.

O edificio está situado nunha parcela de máis de 15.000 m² do Alto de Vales e contará con boas comunicacións, pola proximidade da estrada N-525. O CIS disporá dunha superficie de 5.500 m² na que se integrarán un Centro de Saúde e un Punto de Atención Continuada.

Nas súas instalacións haberá área asistencial, área pediátrica, especialidades médicas e unidades complementarias, como hospitalización a domicilio, saúde mental, hemodiálise ou atención á muller.


O obxectivo da Xunta é ofrecer servizos sanitarios de primeiro nivel aos veciños de Lalín, Agolada, Rodeiro e Dozón, ademais de prestar certas asistencias a Silleda e Vila de Cruces, beneficiando a máis de 35.000 persoas. O Centro Integral de Saúde de Lalín e comarca de Deza é unha actuación financiada pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da covid-19.

22 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE