top of page

A Xunta presenta o campo de voluntariado de Lalín que achegará a historia prerromana e a arqueoloxía

Desenvolverase a comezos de agosto e está destinado a 15 mozos de entre 18 e 30 anos


Laura Moure/Lalín

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou esta mañá na presentación do campo de voluntariado Tradición en verde, que terá lugar nas primeiras dúas semanas de agosto na capital do Deza. O programa, destinado a quince mozos de entre 18 e 30 anos procedentes non só de Galicia, senón tamén de calquera país do mundo, forma parte da campaña de verán O verán que queres contar posta en marcha pola Xunta.

O campo promoverá actuacións en dous ámbitos. Por unha banda, as mozas e mozos participarán na escavación da mámoa A Pena do Santo, a máis emblemática da contorna, e coñecerán as distintas escavacións que se levan a cabo no Castro de Doade. Por outra parte, realizarán distintas actividades de divulgación da cultura e patrimonio galegos no Museo Etnográfico Casa do Patrón e nas rutas dos muíños e prehistórica de Doade. O programa complementarase con actividades como visitas ás Rías Baixas ou á propia vila de Lalín. Ademais, contarán con outras iniciativas de lecer como caiac, hípica, tiro con arco ou obradoiros de cestería e danzas tradicionais.

Durante a presentación, a directora xeral destacou a aposta da Xunta de Galicia polo voluntariado como forma de achegar ás mozas e mozos as tradicións e o seu valor histórico e cultural en distintos lugares de Galicia, como no caso de Lalín e o Castro de Doade. Máis prazas de verán ca nunca Ademais, Cristina Pichel destacou que a deste 2022 é a maior campaña de verán para nenos e mozos da historia, con máis de 10.800 prazas, tres mil máis que o ano pasado e mil máis que antes da pandemia. Só en campos de voluntariado hai 675 prazas repartidas en 45 actividades, nove das cales son de nova creación.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page