top of page

A Xunta ofrece unha experiencia inesquecible para a mocidade no campamento de verán de Lalín

Os nenos, con idades comprendidas entre os 9 e 12 anos, realizan actividades de hípica, caiac e sendeirismo no albergue municipal Vicente Agulló


Laura Moure/Lalín

ree

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, estivo este domingo cos mozos que participan no campamento Aventura+ no albergue municipal Vicente Agulló de Lalín. Esta actividade forma parte da Campaña de verán da Xunta de Galicia e permite que nenos de entre 9 e 12 anos desfruten dunha experiencia inesquecible e duns días de xogos e actividades ao aire libre.


Publicidade

ree
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

En concreto, os nenos realizan rutas de sendeirismo pola serra do Candán, xogos interpretativos na área recreativa de Mouriscade, hípica, caiac, xogos de escape e actividades artísticas de talent show ou elaboración de máscaras. Cristina Pichel sinalou que é unha oportunidade para que os máis novos se inicien en novas disciplinas e tamén pasen uns días de diversión no que fagan novas amizades.

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A directora xeral destacou a importancia da Campaña de verán para que os máis novos coñezan novos lugares e aprendan sobre a riqueza e o patrimonio natural de Galicia ou o coidado do medio ambiente. Este ano a Xunta ofrece máis de 11.200 prazas entre campamentos, campos de voluntariado, minicampamentos e intercambios con outras comunidades.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page