top of page

A Xunta mellora e amplía as infraestruturas de abastecemento de auga do Concello de Palas de Rei

Contará cun investimento de preto de 100.000 euros


Laura Moure/Palas de Rei

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou onte as obras de mellora e ampliación levadas a cabo nas infraestruturas de abastecemento do Concello de Palas de Rei, que supuxeron un investimento de preto de 100.000 euros.

Segundo explicou a conselleira, as actuacións desenvolvidas benefician, de xeito directo, a preto dun milleiro de veciños do casco urbano de Palas de Rei. E, a maiores, estas intervencións tamén reforzan a traída de augas municipal e aumentan a presión da mesma, algo fundamental para os establecementos turísticos da vila nos meses estivais e de maior afluencia de peregrinos.


En concreto, a actuación principal foi a mellora do depósito de auga da Revolta, que hoxe visitou Ángeles Vázquez, e a súa conexión coa traída da vila. Máis polo miúdo, arranxouse o depósito e instaláronse, ademais de dous contedores no mesmo, 580 metros de tubaxe na rede de distribución de auga.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Tamén se acometeron outras pequenas intervención noutros puntos da rede como, por exemplo, a instalación de válvulas de comporta para regular o caudal no camiño do Lavadoiro, a rúas Couceiro e da Paz e a travesía da Feira, ou a realización de dous entronques da rede de abastecemento instalada coa existente na avenida de Lugo.


Durante a súa visita, Ángeles Vázquez incidiu en que esta obra se enmarca nun convenio de colaboración subscrito en maio do ano pasado entre a súa Consellería e o Goberno municipal, ao abeiro do cal Augas de Galicia a aportou apoio técnico e financiamento e a Administración executou a obra.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Segundo dixo a conselleira, esta fórmula utilízase habitualmente para apoiar ás entidades locais co financiamento de pequenas actuacións hidráulicas moi necesarias. De feito, incidiu en que o apoio de Augas de Galicia ás administracións locais se traduce non só na construción de grandes obras e infraestruturas de abastecemento e de depuración senón tamén na súa implicación directa en proxectos de menor envergadura, pero que ofrecen unha solución técnica viable a problemas relacionados coa prestación destes servizos e que teñen un impacto moi positivo na calidade de vida da veciñanza.


Así, tal e como lembrou Ángeles Vázquez, só o ano pasado o organismo hidráulico autonómico subscribiu unha ducia de convenios similares ao de Palas de Rei para financiar outras tantas actuacións e cun investimento global por parte da Xunta de máis de 1,5 millóns de euros.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Este apoio ás administracións locais reflíctese tamén nos orzamentos de 2026, cun orzamento global de Augas de Galicia de 151,7 millóns de euros (un 5,5% máis que en 2025) dos que 7 de cada 10 euros se destinarán a abastecemento e saneamento —108,7 millóns de euros— e case a metade —73,6 millóns—, especificamente a investimentos para mellorar ou construír infraestruturas hidráulicas.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page