top of page

A Xunta licitará en xaneiro as obras para a construción do novo centro de saúde de Antas

O prazo previsto para a execución das obras será de 18 meses


Laura Moure/Antas de Ulla

A Xunta licitará no mes de xaneiro as obras de construcións dos novos centros de saúde de Antas de Ulla, en Lugo, e de Muíños, en Ourense, cun investimento de máis de 1.750.000 euros e máis de 1.300.000 euros, respectivamente.

Concentración en Antas xunto o actual ambulatorio para esixir unha mellor Sanidade no municipio. Autor: Ecos da Comarca.
Concentración en Antas xunto o actual ambulatorio para esixir unha mellor Sanidade no municipio. Autor: Ecos da Comarca.

Co fin de optimizar o impulso destes dous equipamentos sanitarios, o Servizo Galego de Saúde licitará as obras destes dous equipamentos, logo de que a Axencia Galega de Infraestruturas se encargase da redacción dos proxectos.


Publicidade  

No caso do centro de saúde de Antas de Ulla a súa superficie pasará dos 295 m2 do actual aos 850 m2 previstos no novo edificio. Grazas á ampliación, Antas de Ulla contará cun centro de saúde renovado en canto á distribución e instalacións e gañará espazo para unha consulta. Actualmente dispón de dúas consultas de medicina, dúas de enfermaría, unha sala polivalente, unha de toma de mostras e unha sala de xuntas e de persoal.


En Muíños, a Xunta ten previsto construír un centro de saúde novo de 339 m2 que substituirá ao actual, que comparte espazos con vivendas municipais e dispón de 170 m2 de uso sanitario. O investimento permitirá gañar unha consulta polivalente, que se sumará á actual e máis á consulta de medicina e á de enfermaría. Tamén se habilitará unha sala de xuntas ou un almacén. Este novo centro de saúde ourensán pasará a situarse ao lado do campo de fútbol, no núcleo de Mugueimes, e estará próximo á Casa do Concello, á residencia de maiores Virxe da Clamadoira ou á farmacia.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

En ambos os dous casos a previsión é formalizar o contrato de obra no verán. O prazo de execución é de 18 meses.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page